DENANTES
Precio habitual €29,50
DENANTES é a nosa versión da caveira do libro "Un ollo de vidro" e o clásico escudo que o escritor, dramaturgo e debuxante Castelao propuxo para Galiza en 1937.
Castelao, tratando de quitar os elementos relixosos que formaban o antigo escudo, baseouse nun antigo Blasón dos "Mariño de Lobeira" en Rianxo para facer o seu deseño. Á Serea engadiulle unha fouce e unha estrela vermella de cinco puntas apelando á liberdade e ao caracter labrego das galegas. Tamén incluiu unha frase que os membros do "Terzo dos Galegos" de Bos Aires utilizaron cando se enfrentaron ás tropas inglesas en 1806:
DENANTES MORTOS QUE ESCRAVOS.
Esta camiseta está fabricada en algodón orgánico de 180 gramos, consta ademáis de certificados de comercio xusto e PETA.
(O modelo das fotos de estudio mide 1,87 e leva unha talla XL)